Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifica a interesada para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución do 1 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (expediente sancionador L-7/16).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 44 da dita lei, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, do 1 de febreiro de 2017, en materia de xogo.

De acordo co disposto nos artigos 5 e 115 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada deberá achegar a acreditación da dita representación no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistida da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: Resolución do 1 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, ditada no expediente sancionador L-7/16 en materia de xogo.

Recorrente: Electrónicos Recaysa, S.L.

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente anteriormente citado.

Último enderezo coñecido: avenida de Garabolos, núm. 3, 4º D, 27003 Lugo.