Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 303/2017, interposto por José Arias Vidal.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo o decreto do 5 de decembro de 2017 polo que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que poidan resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. número 303/2017, interposto por José Arias Vidal contra a Resolución do conselleiro de Facenda do 11 de setembro de 2017 pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 25 de abril de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública