Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10937

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de febreiro de 2018 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de marzo de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo.

Tribunal titular:

Presidencia:

– Alfonso Diéguez García, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Teresa Carrera Babarro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Alejandro Bregua Cousillas, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectores e inspectoras de consumo.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Manuel Ángel Barros González, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios

Secretaría:

– María Jesús Rivera Rodríguez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Marcos Pena Chayán, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– María Mercedes Pérez Rodríguez, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.