Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10939

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG núm. 237, do 15 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

A base VII da convocatoria establece que «Expirados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do lugar en que estarán a disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes dos/das participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

A listaxe de solicitantes excluídos/as figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para estes efectos, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

Os/as solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Listaxe de solicitudes excluídas

Concurso escala finanzas F0217.

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

NRP

Consellería

Motivo da exclusión

Gómez

Pardo

María del Mar

33319475L

Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

4

Causas de exclusión.

Cód. causa

Causa de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/categ. desde o que concursa