Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de ampliación dos usos dotacionais autorizados nas reservas de equipamento docente DEM-13 e DP-2/DI-2 do Plan parcial de ordenación do SUP-6 (Santa Marta).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Ampliar os usos dotacionais permitidos nas reservas de equipamento docente DEM-13 e DP-2/DI-2 do Plan parcial do SUP-6 (Santa Marta) co fin de permitir, ademais do docente, o de aparcadoiro de uso público.

O acordo publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para os efectos de inscribir a citada ampliación de usos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto DEC/4282/2017, do 28 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais