Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla). Creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do Catálogo do Plan xeral de ordenación municipal: corrección de erros na ficha D-061 (casa na Lavacolla) e creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d), segundo o documento elaborado pola Sección Municipal de Planeamento en decembro de 2017.

Segundo. Someter o expediente a información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos do expediente tramitado, e incluirá:

– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– A Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 27 de setembro de 2017 pola que se formula o informe ambiental estratéxico.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o número 7 do artigo 60 da LSG, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo co fin de que este órgano lles outorgue audiencia aos municipios limítrofes e solicite os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

O acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derruba no ámbito das seguintes parcelas castastrais, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial:

4800401NH4540B0001FL........A Praza, nº 2 (Sabugueira)..........061 (a)

4800402NH4540B0000XK.......A Praza, nº 3 (Sabugueira)..........061 (b)

4800403NH4540B0000IK.........A Praza, nº 4 (Sabugueira)..........061 (c)

5596603NH4459H0001IK.........A Lavacolla, nº 40........................061 (d)

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/plans-urbanismo-obras-publicas/gl

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (DEC/4282/2017, do 28 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais