Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Francisco Manuel González Teira contra Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece, S.L., Distribuidora de Bebidas y Alimentos Barbanza, S.L., se acordou notificar a parte dispositiva do decreto do 23.1.2018, ditado no procedemento ETX 102/2017 a Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece, S.L., Distribuidora de Bebidas y Alimentos Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 6.311,27 euros de principal e de 1.438,63 euros de xuros de mora, máis 774,99 euros en concepto provisional de xuros e custas calculadas sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación a Distribución de Bebidas y Alimentos del Barbanza, S.L., Pollos Albariza, S.L., Gallega de Servicios Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza