Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1.)

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada SAD-704 de CT Joez a CT O Xunqueiro, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,150 km, coa orixe en cela de liña proxectada para instalar no CT Joez (expediente 27.273), para reformar condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final na cela de liña proxectada para instalar no CT O Xunqueiro (expediente 25.643) para reformar.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 recuamento LMT SAD-704 contorno Faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso
de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

5

O Castelo

Monte baixo

Descoñecido

63,0

189,0