Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 5 febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: reint. 2017/013-5.

Nº de expediente de xestión: TR 341O 2014/245-5.

Nome: Cabaleiro Pino, Lorena.

NIF: 35577160R.

Último enderezo coñecido: rúa Ador, nº 1, bloque 3, 3º J. 36470 Salceda de Caselas (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 14 de maio de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo para xoves menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2014.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 13.b) da devandita Orde do 14 de maio de 2014.

Contido da resolución: resolución de reintegro total.

Data da resolución: 14.12.2017.