Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10475

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 18/2018, do 2 de febreiro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coas propostas efectuadas por Unións Agrarias-UPA e polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas o 26 de decembro de 2017 e o 11 de xaneiro de 2018, respectivamente,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia as seguintes persoas:

– Rosa Arcos Caamaño, en representación de Unións Agrarias-UPA.

– Marieta Pastoriza Martínez, en representación do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia as seguintes persoas:

– Javier Iglesias Fernández, en representación de Unións Agrarias-UPA.

– Ana Eiras Regueira, en representación do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente