Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10474

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 17/2018, do 2 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e logo de producirse a disolución da entidade Asociación Jóvenes Agricultores-Asaja Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Asociación Jóvenes Agricultores-Asaja Galicia, as seguintes persoas:

– Francisco Bello Bello.

– Antonio de María Angulo.

Artigo 2

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Asociación Jóvenes Agricultores-Asaja Galicia, as seguintes persoas:

– Juan Carlos García Pose.

– Juan Pérez Sánchez-Orozco.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente