Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización para transformar en gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Verín (Ourense) e mais a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP en Verín (Ourense), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A., segundo o proxecto de cambio de subministración de gas propano por gas natural no núcleo de Verín, de xullo de 2017 e a súa addenda de decembro de 2017 (expediente IN627A 2017/30-0).

Para os efectos previstos no artigo 46 bis.8 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Verín (Ourense) e maila solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP en Verín (Ourense).

Descripción das instalacións:

Rede:

A rede de GLP existente pasará a subministrarse a través dunha conexión á planta de regasificación, situada na parcela 7433908PG2473S0001SO no polígono de Pazos (Verín), que alimentará a rede de gas natural MOP 3,5 bar.

A planta situarase na mesma parcela que o centro de almacenamento existente de GLP.

Realizarase a adaptación das instalacións interiores ao regulamento de distribución e utilización de gases combustibles.

Desmantelamento da planta de GLP nº GLP-019-32:

A instalación que hai que desmantelar está formada por dous depósitos de propano de 59,40 m3 de capacidade unitaria, en instalación soterrada, sita na parcela 7433908PG2473S0001SO con número de fabricación LP972020 e LP971969.

Subministración provisional:

Para realizar a transición de cambio de combustible será necesario instalar unha subministración provisional de GLP, mediante un depósito con vaporizador incorporado de 4.880 l de capacidade. A situación da subministración provisional de GLP será ao sueste do municipio de Verín (Ourense), na parcela rústica con referencia catastral 32086A104001950000Z0. A conexión coa rede existente de GLP farase na rúa Canella Cega, mediante a instalación dunha canalización proxectada de 42 metros en tubaxe de polietileno DN63.

Concello: as solicitudes afectan ao concello de Verín, na provincia de Ourense.

Orzamento:

Rede de distribución: cento setenta e nove mil cincocentos cincuenta euros con noventa e tres céntimos (179.550,93 €).

Planta provisional GLP: dezaoito mil catrocentos sesenta euros con dezanove céntimos (18.460,19 €).

Desmantelamento da planta de GLP: vinte e tres mil catrocentos noventa e dous euros con corenta e un céntimo (23.492,41 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e poderán examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas