Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4519/2017 interposto por Autobuses de Pontevedra, S.A., Empresa Monforte, S.A., Auto Industrial, S.A.U., Autos Arcade, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Eleuterio López y Cía, S.L., Transportes La Unión, S.A., La Hispano Igualadina, S.L., Castromil, S.A. e Rías Altas, S.A.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4519/2017 interposto por Autobuses de Pontevedra, S.A., Empresa Monforte, S.A., Auto Industrial, S.A.U., Autos Arcade, S.L., Empresa Viuda de J. Domínguez, S.L., Eleuterio López y Cía, S.L., Transportes La Unión, S.A., La Hispano Igualadina, S.L., Castromil, S.A. e Rías Altas, S.A., contra o silencio a recursos fronte aos documentos que rexen a contratación do transporte.

Para os efectos de cubrir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría, á sección segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda