Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10306

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

BDNS (Identif.): 385706.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que teña cursados estudos de formación profesional de grao superior en 2016/17 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematados no 2017, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2016/17 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2017. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE do 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

23 premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 19.550 €, que non poderán exceder 850 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria