Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10308

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e en cumprimento desa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra sobre o procedemento de prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Española de Tecnoloxía Sanitaria (Fenin) sobre o procedemento de prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

689.500,00 €

24.7.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde

Sen achega económica

15.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Cibrao das Viñas sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de San Cibrao das Viñas

Sen achega económica

15.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carnota sobre asunción dos custos de mantemento do centro de saúde de Carnota

Sen achega económica

15.9.2017

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (INSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia para o control da incapacidade temporal para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020

Sen achega económica

18.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cariño, en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma no centro de saúde de Cariño

Sen achega económica

19.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Oza-Cesuras, en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma no centro de saúde de Oza dos Ríos

58.403,79 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Amoeiro, en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma no centro de saúde de Amoeiro

5.061,41 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a vixilancia entomolóxica en Galicia

217.800,00 €

22.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e o Concello de Arteixo en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Arteixo

59.471,23 €

27.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei, en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Palas de Rei

Sen achega económica

29.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidad Oberta de Cataluña para a realización de prácticas externas de grao e másteres

Sen achega económica

2.10.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Muíños, en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Muíños

Sen achega económica

3.10.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona)

147.519,51 €

6.10.2017

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) no ámbito da investigación en tecnoloxías da información

Sen achega económica

10.10.2017

Convenio específico para o ano 2017 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan nacional sobre drogas) e a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

20.10.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilanova de Arousa en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Vilanova de Arousa

14.972,94 €

23.10.2017

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Consellería de Política Social para a coordinación sociosanitaria con menores institucionalizados

Sen achega económica

25.10.2017

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Vifor Pharma, S.L. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas a mellora da atención ao paciente

Sen achega económica

25.10.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Dorzán, para prestar servizo de apoio domiciliario mediante o programa Volta á casa

Sen achega económica

3.11.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Bayer Hispania, S.L. para a formación XVI aula Bayer de debate sociosanitario en Galicia

Sen achega económica

6.11.2017

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

Total: 3.979.799,92 €
2017: 2.618.403,70 €
2018: 1.361.396,22 €

7.11.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Oza-Cesuras en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Oza dos Ríos

Sen achega económica

20.11.2017

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento nos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, dun programa formativo de prácticas complementarias destinado ao alumnado do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia

Sen achega económica

22.11.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o financiamento da redacción do proxecto básico do complexo dotacional de edificios de ciencias da saúde (novo edificio para a Facultade de Medicina e Odontoloxía)

428.511,00 €

30.11.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración na dotación de prazas de profesorado universitario en áreas de ciencias da saúde

2017: 44.153,09 €

2018: 202.228,48 €

2019: 304.692,94 €

2020: 407.157,39 €

30.11.2017

Convenio de colaboración entre o a Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ingada para a difusion e fomento entre os profesionais sanitarios, dun programa de formación para o tratamento dos pacientes con trastorno por déficit de atención e hiperactividade

3.550,00 €

1.12.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Muíños en que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Muíños

Sen achega económica

15.12.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III para a realización en Galicia dun estudo sobre epidemioloxía molecular da infeccion por VIH

23.500,00 €

28.12.2017

Convenio polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección General da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en materia de xestión de prestacións sanitarias

Sen achega económica

29.12.2017