Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017105TA-OU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de decembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017105TA-OU incoado a Jonatan de Jesús García Toribio NIE X-2549064-C, con enderezo na rúa Antonio Puga, 27, 4º esquerda, 32002 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Jonatan de Jesús García Toribio DNI X-2549064-C, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 26 de xaneiro de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017105TA-OU.

Interesado: Jonatan de Jesús García Toribio.

DNI/NIF/CIF: X-2549064-C.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Puga, 27, 4º esquerda, 32002 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).