Con data do 29 de decembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017112TA-OU incoado a Duarte Nuno Teixeira Gonçalves, co NIE X5058270H, e enderezo na Estrada de Vences, 3-Estevesiños-Monterrei (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Duarte Nuno Teixeira Gonçalves, co NIE X5058270H, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Advírteselle de que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 26 de xaneiro de 2018
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2017112TA-OU.
Interesado: Duarte Nuno Teixeira Gonçalves.
DNI/NIF/CIF: NIE X5058270H.
Último enderezo coñecido: estrada de Vences, 3-Estevesiños-Monterrei (Ourense).
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).