Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10160

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (279/2016).

Cambados, 25 de novembro de 2017.

Vistos por min, María José Caramés Blanco, xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 3 de Cambados e o seu Partido, os presentes autos de xuízo ordinario 279/2016, entre partes; dunha, como demandante, C.P. do Edificio Pirsamar, sito na praia de Silgar, nº 66, Sanxenxo, representada pola procuradora Dolores Abella Otero e asistida tecnicamente polo letrado Sr. Piñeiro Vidal, e doutra, como demandados María del Carmen Otero Fontán representada pola procuradora Sra. Varela Rodríguez e asistida tecnicamente polo letrado Sr. Besada Ferreiro, e Ramón Otero Fontán, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza sobre a base dos seguintes:

Decido:

Admitindo a demanda interposta por C.P. do Edificio Pirsamar, sito na praia de Silgar, nº 66, Sanxenxo, representada pola procuradora Dolores Abella Otero, contra a; debo condenar e condeno os demandados María del Carmen Otero Fontán representada pola procuradora Sra. Varela Rodríguez, e Ramón Otero Fontán, en situación de rebeldía procesual, a aboar de forma solidaria á demandante a cantidade de dezaseis mil cincocentos sesenta e catro euros con corenta e dous céntimos (16.564,42 €), máis os xuros legais correspondentes, con expresa imposición das custas á demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a reasolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contado desde o día seguinte da notificación daquela.

Cambados, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza