Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga a Venerupisgal, S.L. unha concesión temporal de carácter experimental.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co disposto na Orde do 17 de setembro de 1998 pola que se regula o procedemento para o outorgamento de autorizacións temporais de carácter experimental en polígonos de viveiros de cultivos mariños, mediante a Resolución do 26 de xaneiro de 2018, da Consellería do Mar, outorgouse Venerupisgal, S.L. unha concesión experimental para a instalación e explotación dunha plataforma mariña de fluxo forzado para primeira fase de preengorde de semente de moluscos bivalvos na cuadrícula 115, do polígono B, do distrito marítimo do Caramiñal (exp. Venerupisgal 3).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 25 de xaneiro de 2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 35, do 20 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

María Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica