Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente DXGAIA/EQ/RET-VET/2017/02.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do expediente DXGAIA/EQ/RET-VET/2017/02.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

La persoa interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido integro do acto que se notifica.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

Santiago de Compostela, 1 de febrero de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: DXGAIA/EQ/RET-VET/2017/02.

Interesada: Estefanía Monchales Ponte.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: paseo do Esvedro, 30, urbanización Brandía, Vidán, 15897 Santiago de Compostela, A Coruña.