Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a Resolución do 25 de setembro de 2017, ditada pola secretaria xeral por delegación da conselleira, da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio desta anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interporen recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 29 de xaneiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Destinatario: Alberto Pérez Quintas.

Enderezo: rúa Antonio de Ginbernat 19-1º; 08100 Mollet del Vallet, Barcelona.

Acto notificado:

Resolución do 25 de setembro de 2017, ditada pola secretaria xeral por delegación da conselleira do Medio Rural e polo que se resolve o recurso de alzada interposto por Alberto Pérez Quintas (prop. núm. 850), contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos-Ourense), cuxa parte dispositiva establece:

Estimar o recurso de alzada interposto por Alberto Pérez Quintas (prop. núm. 850) contras as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos-Ourense) no sentido de modificar a clasificación da parcela nº 305 do polígono 25, de Alberto Pérez Quintas (prop. núm. 850) que pasa a ter 916 m2 de P6 e 4 unidades de Q-1.

2. Destinatarios: Yonathan Cid Quintas e Yolanda Cid Quintas.

Enderezo: Ch Charles Poluzzi 23; Carouge-Suiza.

Acto notificado:

Resolución do 25 de setembro de 2017 ditada pola secretaria xeral por delegación da conselleira do Medio Rural e polo que se resolve o recurso de alzada interposto por José Quintas Pérez en representación de José Quintas Parada e outros (prop. núm. 928, contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos-Ourense), cuxa parte dispositiva establece:

Desestimar o recurso de alzada interposto por José Quintas Pérez, en representación de José Quintas Parada e outros, prop. núm. 928, contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos-Ourense).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.