Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Actuacións de mellora na estrada PO-235, 1ª fase, no concello da Lama, de clave PO/15/058.10.1.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 17 de novembro de 2017, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra, mediante o Decreto 126/2017, publicado no Diario Oficial de Galicia, do 14 de decembro de 2017.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello da Lama para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a seguir, a fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal da Lama.

Lugar: Casa Consistorial da Lama.

Data: 15 de marzo de 2018, ás dez horas trinta minutos.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estará exposta no concello da Lama e no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda nº 43, 1º).

A ese acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Fernández Ladreda nº 43, 1º), as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Tamén se comunica que deberán comparecer ao acto achegando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade, así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra