Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xaneiro de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Café Bar Nova Lonxa, S.L. para ocupación do dominio público portuario con destino a explotación de instalacións de bar-cafetaría da lonxa do porto de Ribeira.

A empresa Café Bar Nova Lonxa, S.L. solicitoulle a esta empresa pública empresarial Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Ribeira con destino a ocupación de local para explotación de instalacións de bar-cafetaría da lonxa do porto de Ribeira, construído con tal finalidade por Portos de Galicia para o servizo dos usuarios da nova lonxa e do porto en xeral, cunha superficie de 310 m2 construídos, e localizado no interior da nova lonxa de Ribeira, primeiro andar.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.gal.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia