Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2018 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo de parcela do porto de Burela destinada a depósito de materiais e ferramentas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Lurildecons, S.L.U., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo de parcela de 241,00 m2 que ocupa no porto de Burela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

Segundo informe da Xefatura da Zona Norte, a autorización de ocupación temporal se atopa extinguida, e a mercantil ten débedas pendentes con Portos de Galicia en concepto de taxas portuarias, o cal fai imposible outorgar unha nova autorización.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se emite en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

A parcela deberá de ser abandonada nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento, será executado co auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia