Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9871

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Título

Obxecto

Data sinatura

Achega económica
da consellería

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas.

Ten por obxectivo dar cumprimento ás respectivas competencias das entidades convenientes, proporcionando aos alumnos da universidade a posibilidade de complementar a súa formación coa realización de prácticas nas dependencias da CMAOT adscritas ao desenvolvemento das funcións.

1.9.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría da Coruña, para integrar a xestión ambiental no sector da hostalaría coa realización de xornadas de sensibilización ambiental en materias con ela relacionadas, no ámbito da provincia da Coruña.

Mellorar a xestión ambiental do sector hostaleiro galego.

9.11.2017

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, para integrar a xestión ambiental no sector da hostalaría coa realización de xornadas de sensibilización ambiental en materias con ela relacionadas, no ámbito da provincia de Lugo.

Mellorar a xestión ambiental do sector hostaleiro galego.

9.11.2017

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Ourense, para integrar a xestión ambiental no sector da hostalaría coa realización de xornadas de sensibilización ambiental en materias con ela relacionadas, no ámbito da provincia de Ourense.

Mellorar a xestión ambiental do sector hostaleiro galego.

9.11.2017

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Pontevedra, para integrar a xestión ambiental no sector da hostalaría coa realización de xornadas de sensibilización ambiental en materias con ela relacionadas, no ámbito da provincia de Pontevedra.

Mellorar a xestión ambiental do sector hostaleiro galego.

9.11.2017

70.000 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mondoñedo para o aproveitamento temporal do Albergue da Natureza do Vilar.

Regular a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mondoñedo co fin de dar aproveitamento ao Albergue da Natureza do Vilar e aloxar aos participantes e destinatarios das diversas actividades de contido ambiental desenvolvidas pola Consellería. O uso deste albergue por parte da Consellería servirá para pór en valor a zona de Mondoñedo e iniciar o desenvolvemento, nesa contorna, de actividades de carácter ambiental, incluído o turismo activo de natureza. Pola súa banda, o aproveitamento do albergue permitirá á Consellería desenvolver novos programas e actividades no eido das súas competencias.

14.9.2017

17.715,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto de construción do Observatorio Astronómico na Veiga.

Establecer as bases de cooperación interadministrativa para a construción e posta en funcionamento do proxecto denominado Observatorio Astronómico da Veiga, con criterios de eficiencia enerxética e de loita contra a contaminación lumínica.

17.10.2017

Sen achega económica da consellería

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o anexo ao convenio Gastos de natureza subvencionable.

26.10.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización de actuacións: campaña de formación, sensibilización e divulgación da Rede Natura 2000 en Galicia e exposicións itinerantes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a realización das actuacións incluídas neste instrumento: campaña de formación, sensibilización e divulgación da Rede Natura 2000 en Galicia e exposicións itinerantes.

2.11.2017

40.700,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela para o estudo do comportamento, hábitat e impacto nos ecosistemas da Vespa velutina para a mellora dos métodos de control existentes.

Modificar a cláusula décimo primeira (Vixencia).

15.11.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Oso Pardo para o desenvolvemento de actuacións previstas no proxecto LIFE16 NAT/ES/000573 Actions to favour cantabrian brown bear expansion to new territories in Serra do Courel (Galicia, Spain).

Formalizar a relación entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Oso Pardo (FOP) no marco do proxecto LIFE OSO COUREL LIFE16 NAT/ES/000573, tal e como se describe no Grant Agreement asinado os días 11 e 18 de maio de 2017 entre a Unión Europea, representada pola Comisión Europea, e a FOP e que se inclúe como anexo I a este acordo de asociación.

22.11.2017

32.500,00 €

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

12.9.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cospeito para a humanización do espazo público urbano en Feira do Monte e Muimenta.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–.

12.9.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Betanzos para a mellora do parque infantil do Pasatempo: instalacións de xogos adaptados.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos para a realización das obras de mellora do parque infantil do Pasatempo: instalación de xogos adaptados.

19.9.2017

25.907,25 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vilardevós para a pavimentación das beirarrúas da rúa Eixido e no núcleo de Berrande, en Vilardevós.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vilardevós que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na pavimentación das beirarrúas na rúa Eixido e no núcleo de Berrande, en Vilardevós.

21.9.2017

115.457,79 €

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Foz para a remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña, en Foz.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

23.10.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 3 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baiona para a actuación no contorno da praza Victoria Cadaval e no tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porta do Sol, enmarcada na fase II do concurso de ideas Humanización da travesía interior de Sabarís en Baiona.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

30.10.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Dodro para o acondicionamento de beirarrúas en Muronovo e pavimentación en Dodriño.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Dodro para a realización do acondicionamento de beirarrúas en Muronovo e pavimentación en Dodriño.

6.11.2017

42.678,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lobios para a rehabilitación da praza de Cimadevila.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Lobios para a realización da obra de rehabilitación da praza de Cimadevila.

6.11.2017

59.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Larouco para a realización das obras de humanización de rúas en Seadur (Larouco).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Larouco para a realización das obras de humanización de rúas en Seadur (Larouco).

6.11.2017

46.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Lousame para as obras de humanización do acceso á Casa da Cultura.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Lousame para a realización das obras de humanización do acceso á casa da cultura.

6.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Malpica de Bergantiños para a mellora da pavimentación e da rede de pluviais en espazos públicos do núcleo rural de Pontella no concello de Malpica de Bergantiños.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Malpica de Bergantiños para a realización da mellora da pavimentación e da rede de pluviais en espazos públicos do núcleo rural de Pontella, na parroquia de Santirso, no concello de Malpica de Bergantiños.

6.11.2017

31.955,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Rois para a adecuación e pavimentación da praza Parque Vilachán, na parroquia de San Vicente de Augasantas.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Rois para a realización da obra de adecuación e pavimentación da praza do Parque de Vilachán, na parroquia de San Vicente de Augasantas.

6.11.2017

44.150,79 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Rosal para a execución da iluminación pública no parque infantil e deportivo de Pías.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal para a realización da obra de iluminación pública do parque infantil e deportivo de Pías.

6.11.2017

37.448,82 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade nos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a continuación dos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo.

20.11.2017

665.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Abegondo para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Abegondo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Abegondo para a redacción Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Abegondo.

18.12.2017

151.826,40 €

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Marín para a humanización da travesía Jaime Janer.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a cláusula novena –vixencia do convenio– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

21.12.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Miño para o equipamento multideportivo na Galea, fase II, A Regueira.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a vixencia establecida na cláusula novena para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

21.12.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 4 ao convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para o financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense.

Modificar o número 1 da cláusula segunda do convenio –compromisos da Xunta de Galicia– e a vixencia establecida na cláusula sétima.

21.12.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Sar.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a vixencia establecida na cláusula novena para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

21.12.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Teo para o acondicionamento do espazo de lecer Praza Circular dos Tilos.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a vixencia do convenio establecida na cláusula novena para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

21.12.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.