Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 9869

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2017.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da

sinatura

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención das necesidades socio sanitaria destinados ás persoas de orixe galego e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

1.9.2017

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai)

Desenvolvemento de programas de atención socio sanitaria destinados ás persoas de orixe galego e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

35.000,00 €

1.9.2017

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria

Realización das obras de reparación da sede social da comunidade galega Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria.

70.000,00 €

11.10.2017

Convenio de colaboración coa Fundación Fillos de Ourense- FUNDAOURENSE en Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

60.000,00 €

29.9.2017

Convenio de colaboración co Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Contribuír ao seu mantemento

60.000,00 €

11.10.2017

Addenda ao convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas

15.000,00 €

10.10.2017

Addenda ao convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela)

5.000,00 €

10.10.2017

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mellorar a calidade das prestacións sanitarias aos cidadáns galegos e descendentes de galegos residentes en Caracas (Venezuela)

14.000,00 €

14.11.2017