Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de apoio técnico ao desenvolvemento do Proxecto Primare financiado polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint (expediente 2017/PA/0011).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación dun servizo de apoio técnico á dirección, coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos propios do Proxecto Primare e, en particular, das incluídas no convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o proxecto Civil UAVs Initiative.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 12.1.2017.

DOUE: 6.1.2017.

BOE: 19.1.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 618.750,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 748.687,50 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 4.7.2017.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 636.339,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia