Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento microinformático (tabletas) no eido de proxectos de mobilidade para o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 2017/PA/0077).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración do equipamento para proxectos de mobilidade (tabletas) para os servizos de prevención de defensa contra os incendios forestais de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.10.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 161.157,03 €.

5. Orzamento base de licitación: 107.438,02 € máis 22.561,98 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 130.000,00 € (cento trinta mil euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.12.2017.

b) Data de formalización do contrato: 25.1.2018.

c) Contratista: Informática El Corte Inglés, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe unitario de 191,60 € (IVE excluído), para un total de 560 unidades, o que supón un importe global de 107.296,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia