Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9754

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do exercicio 2017.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo de 2006), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre do exercicio 2017, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe (€)

2016

2017

2018

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de promoción industrial da Coruña e a súa área de influencia (PPI).

12.9.2017

Sen achega económica

Acordo de financiamento do Instrumento financeiro de préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020 entre a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación.

26.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Igape e a entidade colaboradora Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa para a xestión de axudas relativas ao Plan Foexga 2017-2018.

26.9.2017

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) co fin de acoller bolseiros/as de internacionalización.

27.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración para apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabias, e as explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

27.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Igape e a entidade colaboradora Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña para a xestión de axudas relativas ao Plan Foexga
2017-2018.

27.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Igape e a entidade colaboradora Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Tui para a xestión de axudas relativas ao Plan Foexga 2017-2018.

28.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Igape e a entidade colaboradora Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela para a xestión de axudas relativas ao Plan Foexga

2017-2018.

28.9.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Igape e a entidade colaboradora Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Ourense para a xestión de axudas relativas ao Plan Foexga 2017-2018.

28.9.2017

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 23 de setembro de 2016, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia e os centros integrantes desta asociación para a detección e análise de oportunidades sectoriais para as empresas industriais galegas no vieiro da industria 4.0.

29.9.2017

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e AT Consultores&Auditores, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

3.10.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración para apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabias, e as explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (2018).

17.11.2017

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Inova, Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica, S.L., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

24.11.2017

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Teamandtime Solutions, S.L. ,co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

1.12.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa Incyde, para o desenvolvemento dos programas de formación denominados autoemprego e consolidación empresarial dentro do programa operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado por el FSE.

14.12.2017

20.000,00

100.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Dirección por Implicación, S.A., co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

15.12.2017

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 23 de setembro de 2016, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xóvenes Empresarios para a realización de actividades relacionadas cos servizos da Unidade Galicia Emprende.

18.12.2017

2.400,00

59.883,00

26.270,00

Primeira prórroga ao convenio de colaboración subscrito o 21 de xaneiro de 2016 entre o ICEX España Exportación e Inversiones, E.P.E., M.P. e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a utilización conxunta de signos distintivos en actividades de internacionalización.

21.12.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración para o apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

21.12.2017

Sen achega económica