Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9851

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación do servizo de telefonía fixa, móbil, datos e acceso á internet para o Concello de Sanxenxo e o seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo, así como a subministración de cableado estruturado e electrónica de rede en dependencias municipais.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do servizo de telefonía fixa, móbil, datos e acceso a internet para o Concello de Sanxenxo e o seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo, así como a subministración de cableado estruturado e electrónica de rede en dependencias municipais, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de telefonía fixa, móbil, datos e acceso a internet para o Concello de Sanxenxo e o seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo, así como a subministración de cableado estruturado e electrónica de rede en dependencias municipais.

2. Duración do contrato: corenta e oito (48) meses.

3. Tipo da licitación, prezo do contrato e valor estimado do contrato: sinálase como tipo da licitación, incluído o IVE), a cantidade de 6.655,00 euros, que corresponde ao importe da prestación integral do servizo durante un mes e da subministración de cableado e electrónica, rateando o importe total da subministración por corenta e oito meses. O prezo do contrato correspondente ao importe da prestación integral do servizo durante un mes e da subministración de cableado e electrónica, rateando o importe total da subministración por corenta e oito meses, será a cantidade que figurará no sobre C da proposición do contratista, correspondente ao criterio de adxudicación do contrato, avaliable automaticamente, denominado Oferta económica. O valor estimado do contrato, que non inclúe o IVE, tendo en conta que a duración do contrato é de catro anualidades (corenta e oito meses), é de 264.000,00 euros.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

5. Clasificación e solvencias.

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase indistintamente por calquera dos seguintes medios:

1) Volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume dentro dos tres últimos exercicios concluídos, por importe igual ou superior a unha vez e media do valor anual medio do contrato (99.000,0 euros). Acreditarase por medio das contas anuais do licitador aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

2) Dispoñer o licitador da clasificación de contratistas do Estado correspondente ao grupo V, subgrupo 4, categoría 1.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase indistintamente por calquera dos seguintes medios:

1) Relación, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos principais servizos realizados nos últimos cinco anos polo licitador de igual ou similar natureza aos que constitúen o obxecto do contrato, tomará como referencia para este efecto, os servizos executados que estean encadrados dentro do grupo V, subgrupo 4 de clasificación de contratistas do Estado, e deberá acreditar o licitador como executado durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior á anualidade media do contrato (66.000,00 euros). Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

2) Dispoñer o licitador da clasificación de contratistas do Estado correspondente ao grupo V, subgrupo 4, categoría 1.

6. Criterios de adxudicación.

a) Criterios dependentes de xuízo de valor:

1) Proxecto de prestación dos servizos: ata un máximo de 70 puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar un proxecto dividido nos seguintes cinco puntos, coa puntuación máxima que tamén se describe:

1. Servizo ofertado de telefonía fixa, móbil, datos e acceso a internet: ata un máximo de 28 puntos.

2. Caudal ofertado no servizo de acceso a internet, interconexión de sedes e tarifas de datos móbiles: ata un máximo de 14 puntos.

3. Plan de renovación de equipos, incluindo os terminais fixos, móviles e centralitas: ata un máximo de 7 puntos.

4. Plan de implantación: ata un máximo de 7 puntos.

5. Plan de mantemento: ata un máximo de 14 puntos.

2) Proxecto de prestación da subministración: ata un máximo de 30 puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar un proxecto que cumpra coas condicións e requirimentos expostos no punto 1.2 «Subministración de cableado estruturado ...» do ppt, dividido en 9 puntos, coa puntuación máxima para cada punto, que se describe a continuación:

1. Solución do sistema de cableado estruturado proposto. 9 puntos.

2. Solución do sistema wifi proposto. 6 puntos.

3. Solución da xestión. 4 puntos.

4. Material a subministrar. 5 puntos.

5. Modelo de seguimento e instalación. 1 punto.

6. Metodoloxía de implantación. 1 punto.

7. Plan de implantación. 2 puntos.

8. Documentación a entregar. 1 punto.

9. Garantía e soporte post-venta. 1 punto.

b) Criterio avaliable automaticamente:

1) Oferta económica: ata un máximo de 150 puntos. Expresarase nunha cantidade que non poderá superar o tipo de licitación 6.655,00 euros/mes.

7. Mesa de contratación: designados os seus membros por resolución da alcaldía do 17 de xaneiro de 2018, de acordo co sinalado na cláusula 9ª do prego administrativo e será constituída en virtude do disposto na cláusula 10ª.

8. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

9. Prazo para presentar proposicións e lugar onde presentalas.

a) O prazo de presentación de proposicións será de 40 días naturais, contado desde a data do envío do anuncio do contrato á Comisión Europea, para a súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), tendo en conta que se ofrece acceso por medios electrónicos aos pregos e á documentación complementaria e que os anuncios se prepararán e enviarán por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos. A licitación tamén publicarase no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Diario Oficial de Galicia (DOG), no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. A publicación da licitación no BOE, DOG e no BOPPO farase cunha antelación mínima non inferior a 15 días naturais á data de finalización do prazo de presentación de proposicións. Faise constar que, se o prazo remata en día inhábil, ampliarase ao día seguinte hábil.

b) O décimo quinto (15º) día hábil anterior á data de finalización da presentación de proposicións, ás 9.00 horas, todas as persoas físicas ou xurídicas interesadas na licitación poderán presentarse nas oficinas de Secretaría do Concello para realizar unha visita ás diversas dependencias afectadas por esta contratación, acompañadas de persoal técnico do Concello.

c) As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

d) Poderanse presentar as propostas dentro do prazo citado (40 días naturais) e no horario sinalado no punto c) anterior, e a través dos medios sinalados na Lei 39/2015. Se a proposición é enviada por correo o interesado terá que acreditar, no resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, anunciará o mesmo día do envío e no horario citado con anterioridade, ao órgano de contratación, por fax, ao número 986 72 10 22, a remisión da proposta. Sen o cumprimento destes requisitos non será admitida a proposición no caso de que sexa recibida fóra do prazo previsto no anuncio de licitación. Non obstante, transcorridos 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao do remate do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición remitida por correo. Se a proposición é presentada no rexistro doutra Administración, dentro do prazo de licitación, o interesado, deberá acreditalo da mesma maneira sinalada con anterioridade, e mandará o xustificante da presentación vía fax dentro do prazo e no horario sinalado.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es, Perfil do contratante.

Sanxenxo, 19 de xaneiro de 2018

Telmo Martín González
Alcalde