Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4521/2017 interposto pola Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4521/2017 interposto pola Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar, contra a Resolución do 13 de xullo de 2017 sobre a desestimación de recursos e documentos da contratación do transporte escolar.

Para os efectos de cumprimentar o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría, á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan persoarse como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda