Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de licitación da obra de afirmado e acondicionamento da vía municipal no monte da Lagoa (expediente O-1/18).

Con data 15 de xaneiro de 2018 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares, para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada afirmado e acondicionamento da vía municipal no monte da Lagoa expediente O-1/18, subvencionado no 97,40 % pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e de acordo co seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo.

2. Obxecto do contrato: afirmado e acondicionamento da vía municipal no monte da Lagoa.

3. Expediente: O-1/2018.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (oferta económica).

5. Orzamento: 50.032,12 € máis 10.506,74 € de IVE.

6. Valor estimado do contrato: 50.032,12 €.

7. Clasificación: non se exixe.

Clasificación para os efectos de acreditación da solvencia: grupo G, subgrupo 4, categoría 1.

8. Garantía provisional: non se exixe.

9. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído).

10. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: 900 €.

11. Prazo de execución: dous (2) meses.

12.. Información: os pregos de cláusulas administrativas deste contrato estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello de Teo ou consultando o perfil de contratante (www.teo.gal).

13. Presentación de proposicións: no Rexistro do concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na Secretaría Xeral do concello, travesía da Ramallosa, 38, 15883 Teo, teléfono: 981 81 57 00, fax: 981 80 94 01.

Teo, 15 de xaneiro de 2018

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde