Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9562

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal para os proxectos Mates e Bluenet:

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e, na páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación na web de Cetmar.

Vigo, 22 de xaneiro de 2018

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar