Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha recorrente contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Basilia Calvo Pastoriza para ser notificada dun requirimento de documentación necesario para a resolución do recurso de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A interesada poderá coñecer o contido íntegro da notificación mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de xaneiro 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña