Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da dita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a José Agra Vázquez, propietario nº 22 da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña), para ser notificado da Resolución do 7 de novembro de 2017 pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña