Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 22 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada Catasol II (expediente IN407A 2016/877-1).

Expediente: IN407A 2016/877-1.

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Denominación: liña eléctrica evacuación parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Ayuntamientos: Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Proxecto de interese especial: o 21.12.2017 o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto desta instalación eléctrica, que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña