Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración (DSP 492/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 492/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel López Gómez contra Deus Creaciones, S.L. e outros, con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou auto cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018

Parte dispositiva

– Debe completarse a resolución da sentenza ditada no seguinte sentido, engadindo ao xa exposto “deberanse ater ao establecido na presente resolución”, de maneira que o dito parágrafo debe quedar da seguinte forma:

“O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Gaviota Textil, S.L. deberanse ater ao establecido na presente resolución”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Punta Elaborada, Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus e Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza