Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición do 19 de decembro de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de reposición do 19 de decembro de 2017, polo que procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a referida resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, nos termos e prazo fixados nos artigos 10, 69 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Persoa interesada: María Jesús Fernández López.

Expediente: recurso de reposición.

DNI: 34252812-Q.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Obispo Doctor Balanza, nº 23, 1º B. 27002 Lugo.