Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 552/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 552/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Lorenzo Oliart Farfán contra a empresa Taberna El Gallinero, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 552/2017

Demandante: Adrián Lorenzo Oliart Farfán

Letrado: Sr. Martínez Ramonde

Demandados: Taberna El Gallinero, S.L. e Fogasa

Sentenza 14/2018.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Adrián Lorenzo Oliart Farfán contra a empresa Taberna El Gallinero, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Yodo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 9.128,32 euros.

3º. Condeno a empresa demandanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación, desde a data do despedimento e ata a extinción da relación laboral no día de hoxe, calculados a razón de 41,92 euros/día, o que supón a cantidade de 10.521,92 euros.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo. Asinado.

Publicado no día da súa data. Asinado: Marta Yanguas del Valle».

E para que conste e sirva de notificación a Taberna El Gallinero, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza