Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2011/0219-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, recaída no procedemento núm. 254/2014, polo accidente laboral da traballadora Mónica Mera Amoedo.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (29.6.2011).

• Escrito de alegacións (15.7.2011).

• Copia da sentenza xudicial.

Expediente: RL 2011/0219-4.

Acta núm. I362011000065701.

Empresa: Isabel Currás, S.L.

NIF/DNI: B-36214294.

Enderezo: avenida Concepción Arenal, 22-2º C, Moaña.

Vigo, 26 de xaneiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra