Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento da concesión directa de explotación Richinol 7139.

A Xefatura Territorial da Coruña, fai saber que mediante a Resolución do 14 de novembro de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, se outorgou a concesión directa de explotación de recursos mineiros da sección C) Richinol núm. 7139, por reclasificación do recurso mineiro explotado na autorización de explotación de recursos mineiros da sección A) Richinol, núm. 30.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña