Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (288/2017).

PO. Procedemento ordinario 288/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandantes: Juan Ramón Padín Varela, Luis Pérez Baloira, José Ángel Míguez Leiro

Avogada: María Elisa Otero Domínguez

Demandados: A Sampana Obras y Servicios, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., Montelnor, S.C.G., Constructora Rías Bajas, S.A., Aman Vigo, S.L.

Avogados: letrado/a de Fogasa, Natalia Vieites Prego, Alberto Viejo López

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 288/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Padín Varela, Luis Pérez Baloira e José Ángel Míguez Leiro contra a empresa A Sampana Obras y Servicios, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., Montelnor, S.C.G., Constructora Rías Bajas, S.A. e Aman Vigo, S.L., sobre cantidade, se ditou o seguinte Decreto do 18 de xaneiro de 2018 contra o cal cabe interpor recurso de revisión no prazo de tres días e que está á disposición na oficina xudicial.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a A Sampana Obras y Servicios, S.L.U. e Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza