Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8741

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza e auto de aclaración (PO 4656/2013-E).

Procedemento: PO procedemento ordinario 0004656/2013-E

Sobre urbanismo

De Isabel Meirama Barral, Comunidade Hereditaria de Arturo Juan Fernández Carballeira

Avogada: Ana María Pérez Rouco

Procuradora: Alicia Lodos Pazos

Contra: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Concello de Oleiros

Avogado: letrado da Comunidade, Carlos Javier Hernández López

Procurador: Javier Garaizábal García de los Reyes

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo no 8.2.2017, así como da parte dispositiva do auto de aclaración do 4.7.2017.

Texto. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. Sentenza número 205/2017. Por todo o exposto, en nome do Rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu: 1º. Haber lugar ao recurso de casación 1119/2016 interposto pola representación procesual de Isabel Meirama Barral contra a sentenza do 11 de febreiro de 2016, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso nº 4556/2013, que se casa e anula. 2º. Estimar, en parte, o recurso contencioso-administrativo interposto por Isabel Meirama Barral contra a Orde de 3 de xullo de 2013 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia pola que se aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación de Oleiros, no polígono 16 Rúa das Viñas, que anulamos no particular relativo ao itinerario peonil de acceso ao equipamento público EQ-1 do referido polígono. 3º. Non facemos expresa imposición sobre as custas deste recurso de casación nin sobre as de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator Mariano de Oro Pulido y López, estando constituída a Sala de Audiencia e o cal, como letrada da Administración de xustiza, certifico.

Auto de aclaración. A sala acorda: rectificar a sentenza ditada por esta sala no 8 de febreiro de 2017 no presente recurso de casación nº 1119/2016, onde figura: «...recurso contencioso-administrativo nº 4556/2013…» e «…recurso nº 4556/2013…» Deberá constar: «...recurso contencioso-administrativo nº 4656/2013...» y «…recurso nº 4656/2013...». Así se acorda e asina. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado relator Mariano de Oro Pulido y López, estando constituída a sala en audiencia pública, o cal, como letrada da Administración de xustiza, certifico.

A letrada da Administración de xustiza