Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/106-1).

Expediente: IN407A 2017/106-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CS rúa Gambrinus nº 6 (Estrella Galicia).

Concello: A Coruña.

Feitos.

1. O 21 de xuño de 2017 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG nº 150, do 8 de agosto de 2017 e no BOP nº 139, do 24 de julio.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Liña de media tensión soterrada (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,256 km, coa orixe en empalmes na LMTS GRN-736, no tramo entre a subestación da Grela 2 e o CT San Cristovo (expediente 26.624), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no novo CS Estrella Galicia proxectado.

– Liña de media tensión soterrada (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,296 km, coa orixe en empalmes na LMTS GRN-735, no tramo entre o CR rúa Newton, nº 15 (expediente 579/07) e o CR Ventorrillo (expediente 77/02), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no novo CS Estrella Galicia proxectado (entrada e saída).

– Liña de media tensión soterrada (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,008 km, coa orixe en empalme na LMTS GRN-741, no tramo entre a subestación da Grela 2 e o CT Joaquín Planelles (15SHV4), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no CT San Cristobal (entrada e saída).

– Centro de seccionamento Estrella Galicia, en edificio prefabricado de formigón, con celas modulares con illamento SF6. Desmantelarase o CS compañía existente.

– Substitución de celas existentes por celas tipo compactas e con corte en SF6. No centro de transformación en local de obra civil San Cristovo existente, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 159.712,26 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña