Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/21/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Jacobo Paredes López-Camba, en representación de Gondulfe Inversiones, S.L., para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/21/2017-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación dunha nave prefabricada en terreo rústico sen autorización, que se levan a cabo no lugar de Gondulfe, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producir a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística