Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 8 de xaneiro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Ricardo I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ricardo I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 5 de xaneiro de 2018, Ricardo Pérez Dieste solicita autorización para transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Ricardo I.

Segundo. O solicitante achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Carmelo Vidal Pérez (52456923H) e David Vidal Pérez (53485708J), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ricardo I.

Situación:

Cuadrícula nº: 79.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Ricardo Pérez Dieste (52450522B) 100 % privativo.

Novos titulares: Carmelo Vidal Pérez (52456923H) 50 % privativo e David Vidal Pérez (53485708J) 50 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Por delegación de sinatura (Resolución do 11.10.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños