Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8383

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2017/18, teña dificultades económicas para continuar estudos.

BDNS (Identif.): 381924.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar en réxime de concorrencia non competitiva axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 162.500 euros.

Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante terase en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:

Limiares de renda

Contía da axuda

Ata 5.000 €

2.750 euros

De 5.001 € a 5.700 €

2.250 euros

De 5.701 € a 6.400 €

1.750 euros

De 6.401 € ao importe da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, multiplicada por 1,5

1.500 euros

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) da orde.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria