Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO do contrato do servizo de axuda no fogar.

De conformidade co acordo plenario de data 11 de xaneiro de 2018, por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF básico e SAF de atención ás persoas valoradas dependentes) do concello da Fonsagrada, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Pleno do Concello da Fonsagrada.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: praza do concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: A Fonsagrada, 27100.

4º. Teléfono: 982 34 00 00.

5º. Telefax: 982 34 00 01.

6º. Correo electrónico: concello@afonsagrada.org

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: http://es.afonsagrada.org/

8º. Data límite de obtención de documentación e información.

d) Número de expediente: 4/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: axuda no fogar (SAF básico e SAF de atención ás persoas valoradas dependentes).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: Concello da Fonsagrada.

2º. Localidade e código postal: A Fonsagrada, 27100.

e) Prazo de execución: 4 anos prorrogables por 2 anos máis.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): CPV-85310000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os previstos no PCAP e nos PPT.

a) Criterios que dependen dun xuízo de valor: ata un máximo de 20 puntos.

– Protocolo de substitución de persoal nos supostos de baixas, vacacións, permisos, licenzas, redución de xornadas, etc.: ata 5 puntos.

– Programa de formación do persoal de atención sociosanitaria no domicilio: ata 5 puntos.

– Protocolo de coordinación cos servizos sociais do concello: ata 5 puntos.

– Protocolo para o inicio do servizo: ata 5 puntos.

b) Criterios avaliables de forma automática: ata un máximo de 80 puntos.

b.1) Oferta económica, de acordo do anexo IV deste prego: ata un máximo de 60 puntos.

b.2) Ofertas de mellora, de acordo co anexo IV deste prego: ata un máximo de 20 puntos.

– Servizos de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal (ata un máximo de 15 puntos), puntuándose conforme o seguinte baremo:

• Guindastres de transferencia para o manexo e traslado de persoas: 1 punto por unidade, ata un máximo de 5 puntos.

• Cadeiras xiratorias de bañeira: 1 punto por unidade, ata un máximo de 5 puntos.

• Colchóns antiescaras: 1 punto por unidade, ata un máximo de 5 puntos.

– Dispor do programa Cigesad para a xestión do servizo: 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 6.450.197,18 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.438.972 euros. Importe total: 3.583.442,88 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista: segundo o previsto no PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: cincuenta e dous (52) días naturais contados desde a data de envío do anuncio de licitación á Comisión Europea para a súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE). O anuncio de licitación tamén se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Diario Oficial de Galicia (DOG), no Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) e no perfil de contratante (http://es.afonsagrada.org/). A publicación nos diarios oficiais mencionados farase cunha antelación mínima non inferior a quince (15) días naturais á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

b) Modalidade de presentación.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Concello da Fonsagrada.

2º. Domicilio: praza do Concello, s/n.

3º. Localidade e código postal: A Fonsagrada, 27100.

4º. Enderezo electrónico: concello@afonsagrada.org

9. Apertura de ofertas: segundo o previsto no PCAP.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xaneiro de 2018.

A Fonsagrada, 12 de xaneiro de 2018

Argelio Fernández Queipo
Alcalde