Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

ANUNCIO de convocatoria, por procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, do contrato de obra de mellora enerxética e adaptación de edificio existente de 5 vivendas neste concello.

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno local, de data 30 de xaneiro de 2018, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de obra de mellora enerxética e adaptación do edificio existente de 5 vivendas, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Cualedro (Ourense).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría-Intervención.

2º. Domicilio: avda. Portugal, 8.

3º. Localidade e código postal: Cualedro, 32689.

4º. Teléfono: 988 42 40 04.

5º. Telefax: 988 42 40 26.

6º. Correo electrónico: concello@cualedro.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cualedro.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións, segundo a publicación do anuncio.

d) Número de expediente: 20/2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: mellora enerxética e adaptación do edificio existente de 5 vivendas.

2) Localidade e código postal: Cualedro, 32689.

c) Prazo de execución/entrega: 8 meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45211100-0.

3. Tramitación e procedimiento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Criterios cuantificables automáticamente:

Prezo: 30 puntos.

• Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

Melloras ao proxecto técnico: 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 295.418,86 euros. IVE: 62.037,96 euros.

5. Orzamento base de licitación: 357.456,82 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva (%): 5 % do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista: cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: segundo a última publicación sexa no BOP ou DOG, o vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ao da dita publicación.

b) Modalidade de presentación: persoal, correos ou telefax.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: avda. Portugal, 8.

3º. Localidade e código postal: Cualedro, 32689.

4º. Enderezo electrónico: concello@cualedro.es

9. Gastos de publicidade: ata 1.500 euros polo adxudicatario.

10. Outras informacións: poderán ser solicitadas á dependencia tramitadora.

Cualedro, 30 de xaneiro de 2018

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde