Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro de 2018, é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 7264, onde di:
«– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE».
Debe dicir:
«– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE».